Intelixencia artificial para dixitalizar os procesos de depuración de augas residuais
O proxecto EDAR 360 ten como obxectivo desenvolver solucións tecnolóxicas dixitais que garantan unha óptima xestión do saneamento, optimizando os procesos de depuración de augas residuais, e lograr unha plena proteción dos sistemas ciber físicos vinculados.
Para iso, estanse implementando diferentes técnicas de intelixencia artificial, visión por computador e de tratamento de datos. Estas solucións estanse aplicando en tres depuradoras distintas en Galicia, todas elas xestionadas por Viaqua. A implementación de estas técnicas permite unha maior e máis completo monitoreo dos diferentes procesos da instalación, o que reduce de forma representativa os tempos de reacción frente a eventos indesexables e inesperados que poidan ocorrer.
Enmarcado no programa Conecta Hubs 2021, EDAR 360 é un proxecto subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e cofinanciado con cargo a Fondos FEDER no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.