CONSERVAL

CONSERVAL desenvolve tecnoloxías de valorización de subprodutos e augas residuais da industria conserveira en Galicia e Portugal norte

Web del proyecto

CONSERVAL

O proxecto CONSERVAL promove a modernización da industria conserveira a través da implementación dun modelo sostible na xestión de residuos. O seu obxectivo principal consiste na valorización de subprodutos e augas residuais derivados do proceso produtivo deste sector en Galicia e no norte de Portugal.

As diferentes tecnoloxías desenvoltas pretenden transformar estas correntes sólidas e líquidas en produtos de alto valor engadido como son os ácidos graxos volátiles, os aceites de pescado con elevado contido en omega-3 ou os hidrolizados proteicos.

Neste sentido, desde Cetaqua estamos desenvolvendo un proceso tecnolóxico para a transformación das correntes líquidas en ácidos graxos de maneira selectiva. Deste modo, susténtanse as bases dun modelo dunha economía circular, que reduce o volume de residuos ao convertelos de novo en potenciais recursos e, consecuentemente, minimiza o impacto ambiental sobre as canles naturais.

 

Duración: April 2019 - December 2021
Coordinador: Cetaqua Galicia
USC, FEUGA, ANFACO, UPORTO, ANICP,INTERREG V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP)
CONSERVAL

Noticias relacionadas

Aquí encontrarás as últimas noticias relacionadas con este proxecto.

Consulta todas as noticias
  • CIGAT Circular, a aposta da Xunta, Viaqua e Cetaqua para descarbonizar Galicia grazas á conversión de residuos en recursos