A través das nosas 3 liñas de investigación posicionámonos como un centro referente, no ámbito autonómico, nacional e europeo, na aplicación do coñecemento científico ao ciclo da auga, especialmente no ámbito do tratamento e valorización das augas residuais.
Biofactoría e recuperación de recursos
Desenvolvemos solucións para transformar as plantas de tratamento en biofactorías: instalacións eficientes para a obtención de auga, enerxía e materiais.
Xestión de infraestruturas críticas e resiliencia
Creamos metodoloxías e sistemas para xestionar e optimizar as infraestruturas do ciclo da auga fronte a eventos naturais ou intencionados.
Gestionamos recursos de forma integral para garantizar la seguridad hídrica
Sustentabilidade ambiental, económica e social
Desenvolvemos solucións que aseguran o desenvolvemento sustentable e o benestar da cidadanía.
Proporcionamos soluciones y herramientas que permiten eficientar la operación de redes y plantas.
En 2017, o Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España cualificou a Cetaqua Galicia como un dos centros de apoio á innovación tecnolóxica (CAIT), o primeiro dedicado en exclusiva á auga e ao medio e o único de Santiago.
Desde 2015, en Cetaqua Galicia colaboramos con Viaqua e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) mediante a Unidade Mixta Centro de Innovación de Sistemas Avanzados de Tratamento de Auga (CIGAT). Xuntos promovemos o desenvolvemento e a transferencia ao mercado de novas solucións tecnolóxicas no tránsito cara a novos modelos de economía circular.
Cetaqua Galicia foi auditada por AUDELCO, Auditoría e Certificación, S. A., conforme ao establecido no artigo 30 do Regulamento dos Servizos de Prevención, emitíndose opinión favorable en informe de data 21/07/2020, Ref. 22009-CET-02.
Contacta co equipo de Cetaqua Galicia cubrindo este formulario.